Tuesday 14 de May de 2024

O Concello de Miño prioriza o pago a provedores para seguir dando liquidez a empresas e autónomos


A celeridade dos servizos administrativos nos trámites permitiu pagar facturas con valor de 500.000 euros desde o 13 de marzo, nos últimos 30 días.

O Concello de Miño prioriza o pago a provedores para seguir dando liquidez a empresas e autónomos. A
celeridade dos servizos administrativos nos trámites permitiu pagar facturas con valor de 500.000
euros dese o 13 de marzo, nos últimos 30 días.
Isto súmase ás medidas anunciadas hai uns días en apoio ao comercio e á hostalería para a saída
da crise económica xerada polo COVID-19. Estas medidas de urxencia serán acompañadas dun Plan
Estratéxico de Desenvolvemento Local para focalizar as políticas de dinamización económica nas
necesidades a curto, medio e longo prazo.
Desde a administración local prepárase un portal web para axudar ao comercio local a manter as vendas
durante o peche dos negocios debido ao estado de alarma. Espérase, así, que sente as bases para o
comercio de proximidade a posteriori, e tamén unha nova imaxe de marca de destino turístico.
Desde o Concello de Miño queremos apoiar ás empresas e autónomos que desempeñan a súa actividade
económica no municipio desde as nosas competencias e a partir das nosas capacidades financeiras, e
contemplando as necesidades reais do sector no concello.
O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, apunta como “unha das claves da superación desta crise
o apoio económico ao tecido industrial e empresarial de Miño. Resultará fundamental para sentar as bases
de futuro”, apunta o rexedor.